Dende EMPRENDIA queremos que aquelas persoas emprendedoras que así o desexen podan realizar preguntas individualizadas vinculadas á áreas concretas do proceso emprendedor, como o desenvolvemento do plano de negocio ou o financiamento de xoves empresas innovadoras.
Para iso temos reunido a persoas expertas vinculadas con esas temáticas de forma que podan resolver de forma individualizada as súas dúbidas.
Ademais, tamén habilitamos un espazo para aquel persoal técnico en emprendemento e transferencia de coñecemento de forma que podan formalizar consultas en torno a experiencia dos nosos expertos/as no ecosistema emprendedor.
A opción que escollas á hora de decidirte por un negocio concreto estará influenciada por moitos factores. Entre estes condicionantes figuran; necesidades de mercado que non están cubertas: nova oportunidade de negocio, necesidades de mercado que consideras que poden satisfacerse dun modo máis axeitado, ben porque o mercado sexa de nova creación, estea pouco abastecido ou teña unha alta porcentaxe de crecemento, imitación dun modelo de negocio que che interesa especialmente ou que consideras que funciona de forma axeitada. Recorda que 'innovación' non significa necesariamente que inventes algo novo. Un proxecto estritamente innovador pode responder a unha formulación noutros termos da túa idea.
Será determinante para o éxito ou fracaso da empresa que definas e desenvolvas a túa idea baixo parámetros que che permitan constatar que o obxectivo a acadar é viable e realista. O futuro do proxecto que elabores a continuación dependerá da solidez deste primeiro paso.
Antes de analizar con detalle o teu proxecto e proceder á realización do Plan de Empresa é fundamental que avalíes a idea da que partes baseándote en criterios realistas e obxectivos. Nese sentido deberías responder a unha serie de cuestións talles como: É realista a miña idea? A rendibilidade xustifica despregar tal esforzo? É viable economicamente? E tecnicamente? Estou en condicións de acometela?
Unha vez que definas a túa idea deberás elaborar un Plan de Negocio. Trátase dun estudo sistemático de todos os factores que influirán, ou poderían influír, na túa actividade empresarial.
Así, debes detallar de forma organizada toda a información relacionada coa posta en marcha da túa actividade, procurando non deixar cabos soltos para reducir significativamente o grao de risco que afrontas.
O Plan de Negocio desenvolve a idea empresarial que pretende pór en marcha, desde a definición do proxecto ata a forma concreta de levalo á práctica. É un documento de traballo aberto e dinámico que se actualiza a medida que avanza a idea. É conciso, claro e non se axusta a ningún modelo estándar.
Na actualidade, existen diversos medidas e actuacións que apoian o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres. A tipoloxía da axuda varía en función da Comunidade na que vaias desenvolver o teu proxecto, posto que existen axudas a nivel estatal, autonómico e local, e consisten en subvencións, programas de formación ou asesoramento especializado.
Para atopar investidores temos que diferenciar dúas áreas. Na primeira encádranse todos aqueles que constituíron formalmente unha sociedade de investimento, como as entidades de capital risco, e soen estar rexistrados na Comisión Nacional do Mercado de Valores. Os datos de contacto de moitas delas soen ser accesibles sen demasiado esforzo. Por outra parte, no caso dos investidores individuais, denominados "business angels", o recomendable é utilizar algunha das redes de investidores privados que existen no noso país.
En termos xerais, hai que ser conscientes de cales son os seus motivos para colocar o seu capital. Esperan que en poucos anos podan retirar o seu investimento cunhas plusvalías que compensen outros investimentos falidos, sacándolle unha rendibilidade ao seu capital superior a outros produtos financeiros. Por este motivo, as iniciativas nas que invisten teñen que ter unha capacidade de crecemento explosiva. Isto soe suceder con empresas innovadoras que aportan novas tecnoloxías ou traballan en sectores incipientes ou con un amplo marxe de desenvolvemento, con poden ser os campos da biotecnoloxía, a nanotecnoloxía ou internet.
Cando tratamos con investidores temos que ser conscientes da súa posición e dos seus intereses. É un erro bastante frecuente facer demasiado énfase no noso produto ou na nosa tecnoloxía. Isto "só" é interesante na medida en que sexa capaz de xerar ingresos no presente e no futuro.
As tres claves para espertar interese son: o mercado (a quen lle vas vender o teu innovador produto?, quen cobre a mesma necesidade que ti?), a escalabilidade (canto podes crecer e en canto tempo?) e o equipo (quen levará adiante o proxecto?).
Poderás solicitar información de valioso interese en materia de emprendemento así como recibir asesoramento e apoio no proceso de desenvolvemento de ecosistemas emprendedores.
Poderás asesorarte en todas aquelas materias que teñan relación directa co mundo do emprendemento universitario:
- Creación de empresas spin-off
- Incubación de proxectos empresariais
- Formación
- Financiamento de spin-off
- Redes e accións positivas: emprendemento feminino e emprendemento nas áreas de ciencias sociais e humanidades
- Benchmarking e calidade
- Coñecer as estruturas que compón un ecosistema de apoio ao emprendemento; así como as iniciativas máis innovadoras no campo do fomento da cultura emprendedora e do asesoramento á creación de empresas
- Aprender as metodoloxías de implantación dun ecosistema emprendedor.
- Estar ao tanto das iniciativas máis eficaces no apoio á creación de empresas.
- Saber como potenciar e optimizar os recursos dun programa de creación de empresas.
Os datos persoais do presente documento gozan da protección prevista no título II da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal.