Inicio ActualidadEmprendemento Galego O Fondo da Barrié inviste en proxectos de investigación da USC

Actualidad de Emprendemento galego

O Fondo da Barrié inviste en proxectos de investigación da USC

07 jun 2012

Un proxecto da USC que busca mecanismos alternativos aos antibióticos para o tratamento de infeccións incorpórase a Fondo de Investimento en Ciencia da Fundación Barrié de la Maza, que tamén investirá noutro proxecto sobre Control da Diseminación de Células Tumorais Circulantes, no que tamén participan investigadores composteláns.

O proxecto ‘Quorum Quenching’ da USC e o ‘CTC Trap’ da Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación do CHUS coa participación do Sergas e dos grupos de Investigación Ciclo Celular e Oncoloxía e NanoBioFar da USC, son os dous proxectos que acaban de recibir o apoio do Fondo de Inversión en Ciencia da Fundación Barrié. A incorporación a este Fondo foi obxecto dunha presentación pública este mércores en Compostela coa participación do reitor da USC, Juan Casares; do presidente da Fundación Barrié, José María Arias; da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera; e do presidente do Padroado da Fundación IDICHUS, Luis Verde Remeseiro.
 
O Fondo de Investimento en Ciencia destinará 430.000 euros a financiar os dous proxectos asociados ao ámbito da saúde animal e a biomedicina. Concretamente, ‘Quorum Quenching’ é unha iniciativa relacionada coa validación dunha nova estratexia para a substitución de antibióticos na saúde animal, sendo a súa principal a acuicultura. O segundo dos proxectos traballará no control das denominadas células tumorais circulantes, causantes do cancro metastásico.
 
A Fundación Barrié creou en 2011 o Fondo de Investimento en Ciencia coa fin de reforzar o seu respaldo á ciencia galega e investir a risco na investigación. Dotouno con 5,5 millóns de euros, dos que xa mobilizou 1,7 millóns de euros, incluíndo os dous novos proxectos. Nesta iniciativa, a Fundación Barrié conta co asesoramento da empresa de transferencia de tecnoloxía da Universidade de Oxford, especialmente nas tarefas de identificación, avaliación e desenvolvemento de negocio dos proxectos nos que o Fondo chegue a investir. Actualmente, no Fondo se integran xa outros dous proxectos da Universidade da Coruña e un do Centro Tecnolóxico das Comunicacións de Galicia-Gradiant de Vigo, que se presentará proximamente.
 
Na selección dos proxectos, o Fondo valora que as propostas sexan traducibles en resultados con aplicación na sociedade e con potencial comercial para a xeración de retornos económicos.
 
Quorum Quenching

O proxecto ‘Quorum Quenching’ pretende validar, mediante a realización de probas de campo en acuicultura, un mecanismo alternativo aos antibióticos para o tratamento de infeccións, a través da degradación dos sinais de comunicación das bacterias, denominadas quorum sensing, reducindo desta maneira a virulencia dos seus ataques e polo tanto sendo moito máis fácil para o sistema inmune destruílas. Está liderado polo grupo de investigación de Biotecnoloxía e Acuicultura da USC e na presentación pública estivo representado pola profesora Ana María Otero.
 
A virulencia de numerosas bacterias patóxenas, incluíndo persoas e animais, depende da secreción ao medio de pequenas moléculas sinal que permiten a comunicación entre os patóxenos e a coordinación do seu ataque. A vantaxe que presenta a liña de traballo dos investigadores da USC é que ao non matar ao patóxeno senón simplemente bloquear a súa virulencia, non xera resistencias. O grupo de investigadores illou e protexeu mediante dúas solicitudes de patente outras tantas cepas bacterianas capaces de degradar un amplo rango de sinais de q uorum sensing, o que representa un importante potencial na prevención e tratamento de enfermidades infecciosas tanto en sanidade veterinaria como humana.
 
CTC

No proxecto CTC unen os seus esforzos o Laboratorio de Oncoloxía Traslacional e o Servizo de Oncoloxía Médica do CHUS, coa participación dos grupos NanoBioFar e de Ciclo Celular e Oncoloxía da USC. O seu obxectivo é desenvolver un sistema para interferir na diseminación das denominadas células tumorais circulantes (CTC) responsables do cancro metastásico, principal causa das mortes por esta enfermidade.

Baixo a denominación Control da Diseminación de Células Tumorais Circulantes (CTC Trap), o proxecto procura o desenvolvemento de estratexias novas para mellorar a eficacia mostrada polos tratamentos actuais á hora de manexar os pacientes oncolóxicos con enfermidade metastásica.

Nuevo comentario
Debes cubrir el campo de texto con las letras y numeros aqui expuestos: primero una u ahora una J despues x despues pon una  E ahora C el siguiente es una m a continuacion una m

Los datos personales del presente documento gozan de la protección prevista en el título II de la Ley Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Personal.

Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología Universidade de Santiago de Compostela Cátedra Unesco

La Asociación de Parques Científicos y Tecnológicos de España Instituto de la mujer Fondo social europeo Uniemprende
Facebook Twitter Linkedin RSS
© 2003. Emprendia es una publicación del Programa UNIEMPRENDE de Creación de Empresas de la Universidad de Santiago de Compostela. Todos los derechos reservados.
Accesibilidad | Aviso legal | Contacto | RSS | Mapa web