3 de septiembre de 2010

Inicio > Actualidad > Iniciativa Gallega

Actualidad de EMPRENDEMENTO GALEGO

VÍA TELÉFONO MÓBIL

Netbiblo conxuga o libro físico e a rede nos seus 'bidibooks'

17/06/2008

A hipertextualidade do papel é posible e os libros pódense conectar á web. O hipervínculo neste caso é un código bidimensional, a modo de código de barras, e o lector é o teléfono móbil do usuario. A idea de formular a web como unha extensión do libro que o complemente mediante vídeos, fotografías e textos plásmao Netbiblo, unha editorial dedicada ata o momento á edición de libros académicos e que agora lanza os chamados "Bidibooks".


Dende o punto de vista técnico, os 'bidibooks' aproveitan a lectura de códigos bidimensionais, tecnoloxía moi estendida en Xapón dende 2004 e que Movistar xa viña empregando. O equipo editorial deseñou 22 títulos que, integrados en sete coleccións diferentes, tratan distintas temáticas: dende guías turísticas ata libros sobre tuning ou hoteis de luxo. Cada un dos Bidibooks está en seis idiomas diferentes: español, inglés, alemán, francés, italiano e xaponés...

O punto de partida é o libro e a súa extensión, o teléfono móbil como se se tratase dun pé de páxina, un elemento que amplía e complementa a información escrita no papel e desembarca na web apoiándose en fontes como a Wikipedia, Flickr ou YouTube adaptados para móbiles. A información que se ofrece en moitos casos foi xerada por usuarios como é o caso das fontes anteriormente citadas, polo que o debate da fiabilidade volve a relucir: "Empregamos redes moi amplas como son Flickr, YouTube Móbil ou Wikipedia Móbil, pero realizamos unha rigorosa seleción de contidos, que son visionados polo noso equipo para comprobar que realmente se trata dun contido de calidade", asegura Carlos Iglesias, director executivo da editorial Netbiblo.

Cada obra publicada contén diferentes códigos bidimensionais: aos ollos dun ser humano non son máis que un collage de pequenos cadrados negros; á cámara fotográfica dun móbil, unha linguaxe que se traduce nunha URL que remite a máis información. Para que o móbil realice este exercicio de tradución é necesario descargar previamente unha aplicación e instalala no celular. Unha vez instalado o programa, o usuario poderá fotografiar os códigos QR (Quick Response Codes), ou o que é o mesmo, os códigos de barras en dúas dimensións impresos no papel.

Aplicación totalmente gratuíta

A editorial Netbiblo optou pola utilización do programa Kaywa Reader, unha aplicación que nalgúns casos os fabricantes de móbiles como Nokia xa incorporaron no seu modelo N95. A aplicación en si é gratuíta, polo que o usuario non paga por ler os códigos QR. Sen embargo, para acceder aos contidos si é necesaria a conexión a Internet, polo que o prezo dependerá das tarifas que o usuario contratara co seu operador.

O resultado de todo o proceso é o "Bidibook", "a fusión entre vídeo, texto e fotografía, de modo que o lector se convirte nun lector activo", segundo o propio Iglesias, quen considera que a súa empresa parte "duns contidos selecionados de redes sociais que unifican un concepto tan moderno con algo tan popular e necesario como o libro. Queremos que os nosos lectores 'sintan' os libros nos seus móbiles".



Enviar noticia

Subscripcion
RSS


Xunta de Galicia. Conselleria de Traballo
Xunta de Galicia. Conselleria de Innovacion e Industria
Ministerio de Educacion y Ciencia
Universidade de Santiago de Compostela

© 2003. Emprendia es una publicación del Centro de Innovación y Transferencia de Tecnología de la Universidad de Santiago de Compostela,responsable de la gestión del programa de creación de empresas Uniemprende.Todos los derechos reservados.