10 de septiembre de 2010

Inicio > Actualidad > Iniciativa Gallega

Actualidad de EMPRENDEMENTO GALEGO

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

O director xeral de I+D da Comisión Europea fala do Espazo Europeo de Investigación

05/03/2010

O director xeral de I+D da Comisión Europea, Xosé Manuel Silva Rodríguez, exporá este venres en Santiago as iniciativas do Espazo Europeo de Investigación e Innovación actualmente en vigor e os retos para o futuro.


Será ás 16:30 horas no salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC cando Silva defina como retos unha mellor utilización das instalacións e os recursos científicos europeos, "unha maior participación da inversión privada en I+D e un aumento dos recursos humanos e da mobilidade dos investigadores", así como a creación dunhas "condicións máis propicias para un espazo de investigación de valores compartidos".

O Espazo Europeo de Investigación é a estratexia europea orientada a aumentar a coherencia dos sistemas de I+D europeos e a busca de sinerxías entre eles.

Posgrao da USC
A intervención do responsable destas políticas en Europa enmárcase no Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación que organiza o grupo ICEDE da USC e dirixe o catedrático de Economía Aplicada Xavier Vence. O posgrao ten como obxectivo contribuír ao fortalecemento das capacidades do sistema de innovación mediante a formación de especialistas na xestión da investigación e da innovación, co obxectivo de profesionalizar e aumentar a capacidade de organización e xestión eficiente dos recursos.

Trátase ademais de formar profesionais no ámbito do desenvolvemento económico, de aplicabilidade local e rexional, que sexan quen de deseñar e xestionar proxectos de desenvolvemento a nivel empresarial, rexional e local, e aplicar instrumentos de políticas sectoriais.



Enviar noticia

Subscripcion
RSS


Xunta de Galicia. Conselleria de Traballo
Xunta de Galicia. Conselleria de Innovacion e Industria
Ministerio de Educacion y Ciencia
Universidade de Santiago de Compostela

© 2003. Emprendia es una publicación del Centro de Innovación y Transferencia de Tecnología de la Universidad de Santiago de Compostela,responsable de la gestión del programa de creación de empresas Uniemprende.Todos los derechos reservados.